domingo, 12 de junio de 2011

Exposición de pintura

"A nosa terra e as Súas xentes"


"A nosa terra e a súas xentes"
Por Antonio Cartelle Roca


Este é ofroito dunha
investigación etnográfica que estou a facer pola miña conta sobre a historía de Galicia e a súas xentes, comprobando qué de xeito contribuiron os nosos ancestros na construcción de esta fermosa historia. Unha historia chea de sabiduría, inquietudes e acontecementos. Dunha cultura constructiva, amplia, interesante e de moitas razóns dignas de ser mencionadas, escoitadas e por suposto lembradas todas elas, pois éstas obras están feitas da realidade.
     
No meu andar pola miña terra nai, estou a ver unha historia sin parangón que polos motivos que sexan, está a perecer no tempo, caer no esquecemento e desaparecer para sempre, o cal me opoño con rotundidade. E por isto e mais a miña oposición a que esto aconteza. Para poder contribuir co meu esforzo e poder evitar que esto continúe polo camiño que leva. Votei man da gran dignidade da pintura para deixar constanza de tales feitos, pois a pintura é unha ciencia que serve de comunicación a tódalas xeneracións do universo.

        Con ésta mostra trato de chamar a atención do espectador para que tome conciencia de tales feitos. E entre todos loitar para que o traballo e sacrificio dos nosos ancestros, que co seu esforzo e valentía, souberon crear riqueza e darnos un benestar que hoxe nós debemos sentirnos orgullosos, e non permitir baixo ningún concepto que esto caia no esquecemento e desapareza para sempre. "Coido que éste é o mellor  xeito de lembralos a eles, e a nosa historia".

         Nós temos a obriga como galegos e loitadores que somos, de continuar coa labor dos nosos avós e deixarlles un pobo loable ós nosos descendentes, para que poidan amala e respetala nun futuro. "Pois non se pode amar sin respetar sin coñecer".

         Pero nós , aportando o noso esforzo para que así sexan eles quenes poideran amala e respetala evitando así que se convirtan en enemigos da súa propia Terra, para que Galicia poida continuar sendo paraiso, un verdadeiro capricho da Natureza.

         Grazas polo voso interese.


Quero recordarvos A todos/as que a inauguración terá lugar o día 17 de Xuño de 2011 as 20:30 horas na Casa da Cultura de Pontedeume. O autor dará unha charla sobre a súa obra. Esperovos  a todos/as.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Deja aquí tu comentario anónimo, pero siempre con el debido respeto hacia es este blog y resto de usuarios, o será eliminado sin mas. Las criticas son bien recibidas siempre que se hagan argumentadas y con educación.