viernes, 2 de marzo de 2012

Exposición de Pintura En Fene

       O pintor Antonio Cartelle Celebra unha nova exposición, esta vez na Casa da Cultura de Fene, dende hoxe día 2 de Marzo de 2012 ata o vindeiro 24 do mesmo. En horario de Luns a Venres de 10 a 13 e de 16 a 21, sendo o Sábado de 10 a 13. Organizado pola Consellería de Cultura, Xuventude e Depordes, en colaboración co Concello de Fene.

        A inauguración terá lugar o Luns día 5 as 19:30 na casa da Cultura de Fene, onde o Propio pintor dará unha conferencia sobre a exposición

        Este pintor Mugardés autodidacta, trae a Fene esta Exposición onde mostraranse 45 obras do Pintor cunha temática moi concreta, a Galiza dos ultimos  anos, a Galiza no final dunha era. Para que non caian non esquecemento, o pintor plasma na súa obra  persoas, paisaxes, construccións, antigos oficios e anacos da verdade deste país.

       Por motivo desta exposición, o Pintor foi entrevistado o pasado Xoves día 1 de marzo de 2012 na emisora de radio Fene.
  
Poño a entrevista para os que queirades poidades escoitala. Para dispositivos móviles vela directamente en youtube Aquí



      

0 comentarios:

Publicar un comentario

Deja aquí tu comentario anónimo, pero siempre con el debido respeto hacia es este blog y resto de usuarios, o será eliminado sin mas. Las criticas son bien recibidas siempre que se hagan argumentadas y con educación.