lunes, 11 de julio de 2011

Explicación da rebaixa de soldos

Explicación rebaixa de soldos dos políticos do concello de Mugardos. O xoves da semana pasada realizouse o pleno para as remuneracións os concelleiros para a próxima lexislatura, as valoracións que se fan sobre o aforro e o seguinte:
  
-          Na anterior lexislatura, a cantidade destinada nos presupostos do concello a remuneracións ascendían a un total de 231.000€, dicir que este era a cantidade destinada pero nunca se cegaba a consumir na súa totalidade, e o sobrante non se pode destinar nunca a outra cousa. Na anterior lexislatura no concello había unha dedicación exclusiva(do alcalde) e dúas parciais (BNG E PP), o resto dos concelleiros cobraban por asistencia a plenos e comisións.
-          O acordo chegado o xoves dia 7 entre os partidos foi o seguinte, acordáronse eliminar a dedicación exclusiva o alcalde(solo cobrara por plenos e comisións, o importe a cobrar ascendera arredor dos mil euros, que cumprimentara co a súa pensión, de haber aceptado a dedicación como tiña so podería cobrar a dedicación, polo que cobraría menos que agora o sumar a pensión mais o que percibirá do concello), pero haberá tres dedicacións exclusivas (unha BNG, unha PSOE, unha IU) dúas parciais (unha BNG, unha PP), o cobro por comisión e plenos dos resto dos concelleiros mantén as mesmas contías que na anterior lexislatura.
-          Onde esta o aforro? Pois elimínanse o cobro de comisións extraordinarias, e plenos extraordinarios (xa non se fará ningunha, antes facíanse comisións extraordinarias para tratar temas como o Sahara ou a política lingüística, que non afectan en nada a vida dos veciños e so valían para cobrar).
-          RESUMO: A alcaldía valorou o aforro nun 33%,  xa que contemplan para valora-lo aforro conseguido, supoñendo que se gasta o total presupostado, pero a realidade e outra, dos 231.000€ na anterior lexislatura consumíronse 190.000€. polo que o aforro real e arredor dun 10%. Quen gaña con esta reforma, primeiro o Concello que aforra ese 10%(pero que se lle sumaramos a pensión do alcalde realmente a facenda publica(concello e estado) non aforraría nada), e segundo os partidos BNG, PSOE e IU que conseguen unha dedicación exclusiva para os seus edís que non tiñan a lexislatura pasada. 

1 comentarios:

Artritris dijo...

Cabe lembrar que a contía asignada ás dedicacións exclusivas e a asignada ás dedicacións parciais é exactamente a mesma (1000 € brutos/mes). Por tanto, distinguir entre unhas e outras non servirá máis que para confindir á cidadanía. Na práctica, podemos falar de que temos 5 edís en nómina do Concello: Mónica Fernández e Xosé Xoán Roca (BNG), Juan Domingo de Deus (PP), Pilar Díaz (EU) e África Pérez (PSOE). Na anterior lexislatura, se non me trabuco, tiñamos a X.F. Barcia (1500 € brutos/mes), Xosé Xoán Roca (750 € brutos/mes) e Juan Domingo de Deus (750 € brutos/mes), ademais de Juan Fernández (750 € brutos/mes) que sempre rexeitou a asignación que unilateralmente lle concedeu o goberno do BNG.

Publicar un comentario

Deja aquí tu comentario anónimo, pero siempre con el debido respeto hacia es este blog y resto de usuarios, o será eliminado sin mas. Las criticas son bien recibidas siempre que se hagan argumentadas y con educación.