domingo, 7 de agosto de 2011

Urbanización Pazo das Condesas

   

           Mugardos, non so antes das eleccións do 11M era gris senon que o segue a ser. Especialmente a Urbanización do Pazo das Condesas, un lugar disputado por todos os partidos PP, PSdG e EU,que parece non o voltará a ser  ata o 2015. Do BNG, xa non vou dicir nada, porque é mais que evidente que; nin lle importaba antes das eleccións, nin agora. O que parece mais chocante de toda esta historia, é que antes, non había ningún concelleiro nesta Urbanización, pero agora hai dous a falla de un,  un concelleiro do PP e outro do PSdG, pois ben, a nigún dos dous parece importarlle moito aquelo porlo que en parte foron votados, que erá para os que non  o recorden, a regularización da urbanización, xa que recordemos que moitos non teñen licenzas de primeira ocupación e estan a pagar por unhos servizos que non teñen, entre outras cousas. Parece mais importante preguntar por unha denuncia de limpeza de fincas no "2008" ou unha árbore que esta camiño do castelo.

     Señores concelleiros imos tirar balóns fora que o 2015 logo ven.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois parea ir nas listas do PP non é que barras para casa!!! Menos mal que estás para axudar... Manda carallo!!!

Trasno dijo...

Certo, estou na lista e para axudar,ainda que algún non o pense,non o comparta,non se deixe,ou non o entenda de ese xeito, pero os principios, polos que estou, non implican desentenderme dos problemas dos veciños veñan de onde veñan. Se para eso teño "que barrer para a casa" barrerei. quizas sexa a única alternariva que quedou.... Quen sabe.

Trasno dijo...

Agora aprobeito para recalcar que os comentarios faranse publicos, sempre e cando sexan con debido respeto. así que si algún quere aprobeitar e volvelo a replantexar con argumentos,publicarase.
E visto as dudas (sobre os meus intereses), se alguén encontra o nexo entre a miña persoa e a urbanización, ou encontra unha soa frase pública donde eu pida para dunha persoa en concreto... que o expoña,que igual teño que rectificar.
Non fai falla que faga o esforzo de utilizar un Galego peor con meu. Enténdo castelá a perfección.

P.D.Entendo que non o sepas ecribir ;)

Anónimo dijo...

POis na web do PP hai unha chea de asuntos sobre a urbanización, e alguns son recentes sobre o concelleiro que ti dis que non fai nada. E ti que fas?

Anónimo dijo...

Ten razón, pero o verbo "aproveitar" é con "V", así que ten coidado en non poñer moitas faltas de ortografía, que non adorna moi ben este blog.

Trasno dijo...

Resposta ao primeiro anónimo:
Certo e que hay cousas no blog do PP, e ainas no de EU, e é certo que Na propaganda do PSdG tamén. Todas elas moi boas intencions, e tamén é certo que todas elas en precampaña, a menos que te estés referindo a poda da maleza, que en calquera caso, podes preguntarlle a os veciños se :
- que lles corten a maleza
-que regularicen a sua situación
- as duas anteriores
Seguro que respostan a derradeira , agora entre unha e outra...
Hay una cousa que pareces non ter clara, e é que falo de concelleiros e non de partidos, si é certo que hay dous que pertencen a urbanización, e si é certo que Estan cheos de boas Intencions.
Serei eu o primeiro que o alabe en canto se transmita ao grupo de goberno e se pelexe nas comisions e nos plenos, sexa o grupo que sexa, e espero que sexa o PP o que esté a cabeza.
Preguntas que fago eu.?.... Creo esta claro, o que esta na miña man coma cidadán e non coma concelleiro, agora se non queres ver.....


En resposta ao segundo:

Grazas, tes razón, un despiste.

Trasno dijo...

Si, seino ai mas fallas, pero o meu iPhone, négase a escribir en Galego.
Algún programador de IOS disposto?

Publicar un comentario

Deja aquí tu comentario anónimo, pero siempre con el debido respeto hacia es este blog y resto de usuarios, o será eliminado sin mas. Las criticas son bien recibidas siempre que se hagan argumentadas y con educación.